1 Xente (1-10)

Nº1
Un paisano dille a outro: Oe Manolo! pásame outro shampoo!
- Pero se aí no baño xa hai un!
- Si home, pero este é para cabelo seco e eu xa o mollei.

Nº2
Ao cruzar por diante dunha vidreira, un vasco vese reflectido no cristal, o que provoca que se pase todo o día pensando:
"De que coñezo eu a ese tío que estaba na vidreira? Onde o vin antes?"
Pola noite, xa deitado segue dándolle voltas á cabeza e ao fin cae na conta:
"¡Cona, xa o sei! ¡É o que se corta o pelo diante de min na barbería!"

Nº3
A un de Lepe dixéronlle que a súa muller enganábao co seu mellor amigo...
Entón matou ao can.

Nº4
Varios astronautas reúnense na NASA. Un ruso di:
- Nós enviaremos un foguete a Mercurio, para estudar a atmosfera dese planeta.
Un de Estados Unidos di:
- Nós enviaremos un radar á Lúa para estudar o interior deste satélite.
E un galego di:
-Nós enviaremos un foguete ao Sol...
Nese momento todos din: ¡Pero o foguete, ao achegarse ao Sol, derretirase!
E o Galego responde:
- Bo, que parvos sodes. Se imos viaxar de noite!

Nº5
Na súa viaxe a Nova York, Pepe comprou unha televisión para levarlla á súa familia. Cando facturou no aeroporto o aparello dixéronlle:
"É que non hai televisores no seu país?".
"Claro que os hai, pero os programas de aquí gústanme moito máis".

Nº6
Entra un home cun loro a un bar e o camareiro pregúntalle:
- Fala o animal?
- E eu que sei, díxolle o perico.

Nº7
Unha rubia pregúntalle a unha amiga como facer para reparar as aboladuras que ten o seu coche de tanto aparcar mal. A amiga dille:
Só tes que soprar polo tubo de escape!
Entón ponse a soprar pero ve que non se arranxan...
Axiña lle espeta a amiga: bo! primeiro tes que pechas as xanelas!

Nº8
Nun exame de zooloxía, o profesor entrégalle a un alumno unha pata de paxaro e dille:
- A la vista de esta extremidad, ha de dicirme la familia, el género y la especie de animal, así como sus costumbres migratorias y el número de crías por nidada.
E o alumno responde:
- Pero, Como lle vou a dicir todo iso cunha pata só?
O profesor dille:
- Esta usted suspendido. A ver, ¡dígame su nombre y apellidos!
E o alumno quítase un zapato, ensínalle o pé espido ao profesor e dille: - Adiviñe...

Nº9
Pregúntalle un alumno á súa profesora:
- Mestra, mestra, pódese castigar a alguén polo que non fixo ?
- Por suposto que non, contestou a mestra.
- Menos mal, porque non fixen os deberes...

Nº10
Viaxan altos cargos de Coca Cola ante a súa Santidade no Vaticano para facerlle unha proposta:
- Santidade, ofrecémoslle 10.000.000 € anuais para que se cambie no Noso Pai a frase "O pan o noso de cada día..." por "A Coca Cola nosa de cada día..."
Ao que o Santo Pai responde: "Non podemos facer iso meu fillo.."

Tras uns meses volven visitar o Vaticano con outra proposta:
- Santidade a nosa empresa ofrécelle 100.000.000 € anuais para cambiar no Pai Noso a frase "O pan o noso de cada día ..." por "A Coca Cola nosa de cada día.."
Ao que o Santo Pai responde: "de ningún xeito podemos facer iso filliño..."

Insistentes estes executivos, conseguen unha cita co Sumo Pontífice, e preséntanlle unha oferta da súa empresa:
- Santidade a nosa empresa decidiu ofrecerlle á súa Igrexa a cantidade de 1.000.000.000 € anuais para que se cambie no Pai Noso a frase "O pan o noso de cada día..." por "A Coca Cola nosa de cada día..."
O Santo Pai mira ao seu Secretario e pregúntalle:
- En que data termina o contrato cos panadeiros...?